Como xa dixen, polo de agora só hai
dispoñíbeis no mercado, e polo que eu sei só en PDF, as dúas primeiras partes
dunha campaña de tres episodios, Point
Zero, escrita por Sarah Newton (que analizarei máis de vagar nunha próxima
entrada). Pero hai máis, moito máis no forno. MODIPHIUS decidiu comezar un
Kickstarter para financiar a edición impresa dunha guía para os Investigadores
e outra para o Gardián para CoC e Realms...pero tiveron así como 20 veces
máis éxito do que agardaban. Agora semella que vai haber unha chea de produtos:
guías rexionais, campañas, miniaturas e crossovers con outros moitos xogos como
Godlike ou Dust Tactics (podedes ver unha lista do que está incluído no Kickstarter
aquí e outra co resto de publicacións da liña nesta outra páxina). Teño lido
algunhas críticas lexítimas dicindo que quizais tanto éxito non sexa bo, que
agora teñen que sacar tantas cousas que a calidade media dos libros pode verse
afectada. Estou seguro que dos 8 libros incluídos no Kickstarter non todo vai
ter a calidade da edición francesas das Máscaras
de Nyarlathotep, pero, a xulgar polo que si hai publicado, eu teño grandes
expectativas. En calquera caso, penso que o éxito de esta iniciativa, ademais
dunha boa mercadotecnia e todo o que se queira, ven a probar que os xogadores
de La Llamada queriamos meternos de
cheo na Segunda Guerra Mundial (ou do revés). Segundo o meu Manual del Guardián (Vol. 2) hai unha
aventura para Cthulhu Live que ten lugar durante a contenda, está tamén o
MULA de Shadows of War...e non sei se
hai algo máis publicado. Así que moitas grazas a MODIPHIUS por darnos esta
oportunidade.
Un ten que admitir que a tarefa á que se
está a enfrontar esta xente non é doada.
Primeiro de todo, porque son da opinión de que a Segunda Guerra Mundial é o
período histórico máis interesante para moita xente (só hai que dar unha volta
pola sección de Historia dunha librería para velo). Isto supón que quen escribe
as aventuras, e quen as dirixe, ten que estar preparado para o eventual xogador
que solta cousas do tipo “Isto é imposíbel, os primeiros PzKpfw IV F1
non chegaron ata a fronte de Kurst ata Xullo do 43, e aínda estamos a 30 de Xuño”.
Segundo, porque a guerra tivo horrores dabondo (e todos causados polo home) que
quizais engadir horrores cósmicos sexa demasiado. Ademais, estou seguro que vai
haber moita xente á que non lle guste descubrir que Hitler era en realidade un
avatar de Hastur (non pesades que o signo amarelo ten un aquel coa esvástica?)
e que Stalin só se opuxo aos alemáns porque estaba controlado por Cthulhu
(seica non pensabades que Marx tiña tentáculos debaixo desa barba?)1
e outras historias pulp heterodoxas. Persoalmente, a min tanto me ten, é un
xogo e con tal de que mo faga pasar (e me obrigue a ler algo de historia de
verdade) chega, pero entendo que hai xente que toma as cousas máis en serio e
que a Segunda Guerra Mundial foi algo moi serio. Agora ben, penso que un
entorno coma danos un mundo de oportunidades para contar boas historias
relacionadas con acontecementos reais, saber realmente porque pasaron algunhas cousas e facer que os
investigadores se sintan importantes
(Alerta spoiler): “Sabemos que deberiamos estar axudando a evacuar Dunkerque
señor, pero se non continuamos a nosa misión, pode que os nosos homes non teñan
nin a oportunidade de subirse a un barco” (Final do spoiler). Ás veces penso
que os investigadores loitan contra os Mitos porque non teñen máis que facer e
que non hai unha implicación entre o que fan e a realidade (seica porque é
mellor deixar á humanidade ignorante destes asuntos). Penso que Achtung! Cthulhu pode ser o entorno
perfecto para levar unha campaña, non no senso das Máscaras (aínda que agardo que haxa algo polo estilo), senón que
permita unir de xeito sinxelo aventuras relativamente inconexas, e, o máis
importante, que permitan ver os efectos que ten que os investigadores fracasen
nunha aventura. Supoñamos que por exemplo todo un grupo de investigadores morre
intentado deter o proxecto que teñen os Nazis para criar byakhees, a seguinte
historia (con personaxes novos) podería ter lugar nun Londres ocupado, xa que
coa axuda destes monstros con ás os alemáns foron quen de gañar a Batalla de
Inglaterra2.
Como podedes ver estou moi entusiasmado
con este novo entorno de campaña. Para unha visión algo máis obxectiva,
agardade polos apuntamentos sobre a campaña
Zero Point, que era o
obxectivo inicial de esta entrada.
1 Isto é unha invención miña, nono teño nin idea de
cales serán as grandes liñas argumentais detrás de Achtung! Cthulhu, pero non
me estrañaría que houbera algún tipo de conspiración a ese nivel.
2 Isto é outra invención miña, non sei se vai haber
algo semellante, pero sí estaría ben que houber varias ucronías en función de
cando ou como interveñen os Mitos na guerra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario