¡Xa está aquí! Directamente dende as
oficinas de Chaosium na dourada California, o moi agardado (canto menos pola
miña banda) The House of R’lyeh. Vou
precisar dun par de semanas para podelo ler con xeito, así que mentres tanto,
velaquí tedes unhas fotos.
A capa é de Scott Purdy, e é absolutamente
fantástica. Só unha cousa, sabemos con seguridade que Cthulhu ten dentes (ou
boca) baixo eses tentáculos?
A habitual contracapa azul de Chaosium…
E o índice:
Velaquí tedes a páxina inicial de cada unha das
aventuras, a comezar por “The Art of Madness” (“A Arte da Loucura”), de David
Conyers:
“The Crystal of Chaos” (“Os Cristais do Caos”),
por Brian Coutermanche:
“The Return of the Hound” (“O Retorno do Sabuxo”),
por Glyn White:
“The Jermyn Horror” (O Horror dos Jeremyn), por
David Conyers:
“Nameless City, Nameless Terrors” (“Cidade sen
nome, horrores sen nome”), por Brian M. Sammons
A presentación é moi sinxela, con dúas
columnas escritas con fontes de grande tamaño, de xeito similar ao Atomic-Age Cthulhu. Vai ser isto o novo estándar?
Eu teño sentimentos un tanto enfrontados ao respecto. Por unha banda, os meus
pobres ollos agradecen unha letra algo máis grande, pero pola outra, non credes
que é un pouco calote? Este libro ten máis ou menos as mesmas páxinas que o H.P. Lovecraft’s Arkham, pero custa uns
cinco dólares máis e ten claramente menos material.
Non hai moitas ilustracións en todo o
libro, e a maioría son bastante pequenas, do tipo foto carné para os PNX. Non hai
ningunha ilustración a páxina enteira, ou mesmo a media páxina. Agora ben, as
ilustracións que hai son en xeral bastante boas.
Un ghoul de “The Art of Madness”
Un PNX de “The Return of the Hound”
E o Templo de Cthulhu, de “Nameless City, Nameless
Terrors”.
Tamén hai bastantes mapas. As páxinas nas que hai
mapas, ilustracións, e cadros de texto non quedan nada mal, ¿verdade?
E algúns cadros e imaxes antigas que fan de “The
Jeremyn Horror”, o mellor escenario (visualmente).
Atopei un par de cousas que me fixeron
pensar que o proceso editorial deste libro ten sido algo pobre (e digo isto
baseándome unicamente na estética do mesmo). O primeiro deles é un detalle sen
importancia: as estatísticas dos PNX dous primeiros capítulos teñen a letra un
tanto máis pequena que o resto do texto, mentres que nos outros tres, as
estatísticas están escritas a tamaño normal. Ademais, estas estatísticas non
sempre aparecen ao final de cada capítulo, como ven sendo habitual. A min a
verdade é que tanto me ten un estilo como outro, pero penso que deberían ter
homoxeneizado o formato ao longo do libro.
Velaquí tedes un exemplo das estatísticas coa
letra pequena:
E aquí outro coa letra grande:
O outro problema é na miña opinión algo
máis serio. Non hai axudas de xogo! Ou para ser máis exactos, si que hai, pero están espalladas ao
longo de cada aventura, nuns cadros de texto do máis sinxelo. A única excepción
son algunhas das axudas de xogo para “The Return of the Hound”, que aparecen
como apéndices, aínda que a maquetación é incluso máis sinxela que a do resto
das páxinas: unha folla en branco escrita a unha soa columna.
Velaquí tedes un exemplo das axudas de xogo:
E aquí outra dos devanditos apéndices:
Coido que este último problema poderíase
solucionar doadamente con un pouco de traballo por parte de Chaosium, ofrecendo
un arquivo descargábel con todas as axudas de xogo (e xa postos a pedir, dun
xeito algo máis vistoso).
En resumo, a presentación do libro non é
nada do outro mundo, pero polo que puiden ver, o contido semella bastante
interesante. Benquerid*s amig*s, agardade un par de semanas para o veredicto
final. Benquerid*s amig*s de Chaosium, por favor, por favor, por favor, facede
os vosos libros algo máis atractivos visualmente. Non teñen que ser obras de
arte, pero canto menos deberían xustificar mercar o libro físico e non simplemente
a do simplemente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario