Aproveitando unha oferta en Chaosium
merquei un feixe de suplementos, por aquilo de non pagar portes. Como xa dixen
antes, vaime levar un tempo poñerme ao dia con todos eles e ademais, téñenme
dito por alí que hai libros, que nin son de rol nin dos mitos, que paga a pena
ser ler (se sabedes algo disto, facédemo saber, xa que teño serias dúbidas). O
que si podo é aproveitar para sacar algunhas fotos daqueles que aínda non vin
nas dúas páxinas de foto-reseñas que teño por referencia referencia, La Marcadel Este e Susurros en la Oscuridad.
Comezo por Tales of the Sleepless City, unha colección de seis aventuras por
Miskatonic River Press nas que como o indica o seu título, o punto en común é
que transcorren na cidade que nunca durme, Nova Iorque. Poderíase dicir que
este libro está de actualidade por dous motivos diferentes, por unha banda,
porque é a última novidade de MRP e segundo, porque o deseño interior está
feito por Badger McIness: habitual de MRP, deseñador tamén do Cthulhu by Gaslight, e que vai ser o
deseñador da inminente 7ª edición de Call
of Cthulhu (dise que vai sair o kickstarter esta semana). A verdade que con
estas dúas cartas de presentación non teño dúbida de que vai ser un gran libro
(polo menos no que a deseño se refire, xa falaremos do resto cando saibamos
algo máis). En fin, non me entreteño máis.
A capa, de Paul Carrick, moi boa, pero creo que as
fotos non lle fan xustiza:
A contracapa:
O índice:
A portada dun dos capítulos (son todas iguais, así
que mellor non vos aburro):
Algunha das páxinas de exemplo, con mapas da
cidade:
E das localizacións:
Hai moitas ilustracións e de moi boa calidade, aínda
que poucas son a páxina completa:
As axudas de xogo,
como ven sendo habitual nos produtos de MRP están feitas pola H.P.
Lovecraft Historical Society, e son absolutamente fantásticas. Aquí tedes unha
de exemplo:
Incluso as poucas páxinas que non hai ilustracións,
cadros de texto ou axudas de xogo resultan atractivas á vista, sen dúbida un gran
traballo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario