Non adoito ler moita banda deseñada. Pode que
sexa porque cando era máis novo e tiña máis tempo para lelos, non tiña cartos
para mercar todas os que querería e agora que (podería) ter os cartos para
mercalas, non teño tempo para lelas (ou prefiro investir o meu tempo noutras
lecturas, ou teño máis cartos para outras lecturas...). Así que agora mesmo as
miñas lecturas habituais limítanse a Los
Muertos Vivientes e o meu querido Hellblazer.
Pero hoxe, grazas a un amigo tráiovos algo distinto, a edición española de Los Mitos de Cthulhu, unha colección de
relatos de Lovecraft polo debuxante arxentino de orixe uruguaia Alberto
Breccia, un artista coñecido por ser o autor de Mort Cinder e El Eternauta. Non
lin ningunha destas obras, polo que non podo comparar Los Mitos con elas. Agora ben, o que vin neste volume deixoume
gratamente impresionado.
Los
Mitos recolle nove das
historias máis populares de Lovecraft en 124 páxinas. Isto quere dicir que
Breccia e Buscaglia (o adaptador de seis destes relatos) teñen feito un
incríbel traballo de síntese, porque, aínda que as historias estean abreviadas,
non se botan de menos moitas cousas. Este nivel de condensación fai que a bd teña una lectura lenta, con moito texto por páxina, nada que ver cos cómics de
superheroes, cousa que por outra banda non debería sorprender a ninguén xa que
a meirande parte da acción das historias de Lovecraft ten lugar na mente dos
seus personaxes máis que nos diálogos. Outro aspecto co que Breccia é quen de
plasmar a obra de Lovecraft neste cómic é cos seus debuxos das criaturas dos
Mitos dun ambiente que fai tolear. As historias comezan con imaxes claras e
nídas, pero vanse tornando cada vez máis difusas e confusas. As máis das veces,
somos quen de intuír máis de ver as aos monstros debuxados. E está ben, xa que,
se hai cousas que a humanidade non debería de coñecer, como as imos debuxar?
Velaquí tedes algúns exemplos do que quero
dicir:
O Gran Cthulhu, de A Chamada de Cthulhu
E a miña ilustración favorita:
Os Mi-Go de O que Murmura na Escuridade. Non vos lembra ao Capricho Nº43 de
Goya, El Sueño de la Razón Produce Monstruos?
Os relatos incluídos neste volume son:
El Ceremonial (O festival, The Festival) Podedes
ler a historia completa aquí.
En resumo, unha boa bd incluso para
aqueles que non gustan moito do medio, sempre que gusten de Lovecraft. Como
Gardián, encantaríame poder ter as imaxes dos monstros nun PDF ou nunhas
láminas para poderllas ensinar aos investigadores dicindo “Abrides a porta
e...isto é o que atopades!”, pero o libro funciona igual de ben.
1 Non din atopado este relato en galego, polo que a
tradución do título é propia.
Sinsentido
20,90€
(Capa Dura)
No hay comentarios:
Publicar un comentario