lunes, 27 de mayo de 2013

Foto-apuntamentos: Tales of the Sleepless City

Aproveitando unha oferta en Chaosium merquei un feixe de suplementos, por aquilo de non pagar portes. Como xa dixen antes, vaime levar un tempo poñerme ao dia con todos eles e ademais, téñenme dito por alí que hai libros, que nin son de rol nin dos mitos, que paga a pena ser ler (se sabedes algo disto, facédemo saber, xa que teño serias dúbidas). O que si podo é aproveitar para sacar algunhas fotos daqueles que aínda non vin nas dúas páxinas de foto-reseñas que teño por referencia referencia, La Marcadel Este e Susurros en la Oscuridad.

Comezo por Tales of the Sleepless City, unha colección de seis aventuras por Miskatonic River Press nas que como o indica o seu título, o punto en común é que transcorren na cidade que nunca durme, Nova Iorque. Poderíase dicir que este libro está de actualidade por dous motivos diferentes, por unha banda, porque é a última novidade de MRP e segundo, porque o deseño interior está feito por Badger McIness: habitual de MRP, deseñador tamén do Cthulhu by Gaslight, e que vai ser o deseñador da inminente 7ª edición de Call of Cthulhu (dise que vai sair o kickstarter esta semana). A verdade que con estas dúas cartas de presentación non teño dúbida de que vai ser un gran libro (polo menos no que a deseño se refire, xa falaremos do resto cando saibamos algo máis). En fin, non me entreteño máis.

A capa, de Paul Carrick, moi boa, pero creo que as fotos non lle fan xustiza:

A contracapa:
 
O índice:
A portada dun dos capítulos (son todas iguais, así que mellor non vos aburro):
 
Algunha das páxinas de exemplo, con mapas da cidade:
 
E das localizacións: 
Hai moitas ilustracións e de moi boa calidade, aínda que poucas son a páxina completa:
As axudas de xogo,  como ven sendo habitual nos produtos de MRP están feitas pola H.P. Lovecraft Historical Society, e son absolutamente fantásticas. Aquí tedes unha de exemplo:
 
Incluso as poucas páxinas que non hai ilustracións, cadros de texto ou axudas de xogo resultan atractivas á vista, sen dúbida un gran traballo:

Visualmente un traballo de 10. Póñoo de segundo na lista de lecturas frikis, despois do The House of R’lyeh, para o que xa me estou a documentar, como ven podedes ver...

No hay comentarios:

Publicar un comentario