miércoles, 22 de mayo de 2013

Foto-apuntamentos de: The House of R'lyeh


¡Xa está aquí! Directamente dende as oficinas de Chaosium na dourada California, o moi agardado (canto menos pola miña banda) The House of R’lyeh. Vou precisar dun par de semanas para podelo ler con xeito, así que mentres tanto, velaquí tedes unhas fotos.

A capa é de Scott Purdy, e é absolutamente fantástica. Só unha cousa, sabemos con seguridade que Cthulhu ten dentes (ou boca) baixo eses tentáculos?

A habitual contracapa azul de Chaosium… 

E o índice:
 
Velaquí tedes a páxina inicial de cada unha das aventuras, a comezar por “The Art of Madness” (“A Arte da Loucura”), de David Conyers:

“The Crystal of Chaos” (“Os Cristais do Caos”), por Brian Coutermanche:
“The Return of the Hound” (“O Retorno do Sabuxo”), por Glyn White:
“The Jermyn Horror” (O Horror dos Jeremyn), por David Conyers:

“Nameless City, Nameless Terrors” (“Cidade sen nome, horrores sen nome”), por Brian M. Sammons

A presentación é moi sinxela, con dúas columnas escritas con fontes de grande tamaño, de xeito similar ao Atomic-Age Cthulhu. Vai ser isto o novo estándar? Eu teño sentimentos un tanto enfrontados ao respecto. Por unha banda, os meus pobres ollos agradecen unha letra algo máis grande, pero pola outra, non credes que é un pouco calote? Este libro ten máis ou menos as mesmas páxinas que o H.P. Lovecraft’s Arkham, pero custa uns cinco dólares máis e ten claramente menos material.

Non hai moitas ilustracións en todo o libro, e a maioría son bastante pequenas, do tipo foto carné para os PNX. Non hai ningunha ilustración a páxina enteira, ou mesmo a media páxina. Agora ben, as ilustracións que hai son en xeral bastante boas.

Un ghoul de “The Art of Madness”

Un PNX de “The Return of the Hound”

E o Templo de Cthulhu, de “Nameless City, Nameless Terrors”.

Tamén hai bastantes mapas. As páxinas nas que hai mapas, ilustracións, e cadros de texto non quedan nada mal, ¿verdade?


E algúns cadros e imaxes antigas que fan de “The Jeremyn Horror”, o mellor escenario (visualmente).


Atopei un par de cousas que me fixeron pensar que o proceso editorial deste libro ten sido algo pobre (e digo isto baseándome unicamente na estética do mesmo). O primeiro deles é un detalle sen importancia: as estatísticas dos PNX dous primeiros capítulos teñen a letra un tanto máis pequena que o resto do texto, mentres que nos outros tres, as estatísticas están escritas a tamaño normal. Ademais, estas estatísticas non sempre aparecen ao final de cada capítulo, como ven sendo habitual. A min a verdade é que tanto me ten un estilo como outro, pero penso que deberían ter homoxeneizado o formato ao longo do libro.
Velaquí tedes un exemplo das estatísticas coa letra pequena:

E aquí outro coa letra grande:
O outro problema é na miña opinión algo máis serio. Non hai axudas de xogo! Ou para ser máis  exactos, si que hai, pero están espalladas ao longo de cada aventura, nuns cadros de texto do máis sinxelo. A única excepción son algunhas das axudas de xogo para “The Return of the Hound”, que aparecen como apéndices, aínda que a maquetación é incluso máis sinxela que a do resto das páxinas: unha folla en branco escrita a unha soa columna.

Velaquí tedes un exemplo das axudas de xogo:

E aquí outra dos devanditos apéndices:
Coido que este último problema poderíase solucionar doadamente con un pouco de traballo por parte de Chaosium, ofrecendo un arquivo descargábel con todas as axudas de xogo (e xa postos a pedir, dun xeito algo máis vistoso).

En resumo, a presentación do libro non é nada do outro mundo, pero polo que puiden ver, o contido semella bastante interesante. Benquerid*s amig*s, agardade un par de semanas para o veredicto final. Benquerid*s amig*s de Chaosium, por favor, por favor, por favor, facede os vosos libros algo máis atractivos visualmente. Non teñen que ser obras de arte, pero canto menos deberían xustificar mercar o libro físico e non simplemente a do simplemente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario